Nacida o 5 de outubro de 1970 en Camagüey, Cuba, iniciou os sus estudos musicais na Escuela Vocacional de Artes «Luis Casas Romero» e continuou a súa formación profesional no Conservatorio de Música José White de Camagüey. Posteriormente realizou os seus estudos superiores de frauta traveseira no Instituto Superior de Arte de La Habana (ISA), actualmente Universidade das Artes de Cuba. A súa formación académica estivo sempre vinculada a unha intensa actividade profesional como intérprete e docente. Entre 1990 e 1993 exerceu como profesora de frauta na Escuela Vocacional de Artes «Luis Casas Romero» e no Conservatorio José White, desenvolvendo posteriormente unha amplia traxectoria como frautista profesional e productora de estudo.
Dende o seu regreso a España en 2022, continuou desenvolvendo a súa actividade artística e pedagóxica. Traballou como profesora de frauta traveseira na Escola Municipal de Ames e como directora sustituta e profesora de iniciación musical, piano e flauta en PLAY, para posteriormente incorporarse ó equipo docente de MUSICALIN, en Lalín. Asimesmo, formou parte como primeira flauta da Banda de Lalín. En 2026 finalizou os seus estudos de Interpretación de frauta traveseira no Conservatorio Superior de Música de A Coruña, culminando así a súa formación superior en España. A súa traxectoria reúne máis de tres décadas de experiencia na interpretación, na docencia e na producción musical, con unha especial vinculación coa música e a tradición musical cubanas.