A Escola
A nosa escola
A Escola de Música Berenguela Santiago de Compostela
A Escola de Música Berenguela está homologada pola Consellería de Educación e inscrita co nº 15032111 no Rexistro de Escolas de Música.
Xurdeu como un proxecto vocacional común no ano 1995 no que un grupo de profesores e amigos puxemos as nosas ilusións como músicos e ensinantes.
A música é para todos!!!
Bonos Musicais para adultos, flexibilidade horaria
Centro dinamizador do ensino musical en Santiago de Compostela e Galicia
Novos profesionais do ensino e da música entraron dende enton a compartir este centro dinamizador do ensino musical en Santiago de Compostela e Galicia, pero pódese dicir que formamos hoxe en día un grupo estable con renovadas ilusións que progresivamente vaise enriquecendo non só co crecemento musical dos nosos alumnos senon tamén coa introducción de novos proxectos, novos retos e novas persoas que aportan ideas frescas a unha realidade pedagóxico-musical xa consolidada.
A Escola de Música Berenguela conta actualmente con alumnos con idades que van dos 3 anos en adiante, demostrando que a Música é accesible a tódalas idades.



Berenguela Música