Axenda
SEMANA DE CORDA 2026 – Curso de violín e violonchelo
Cuándo
Dónde
Praza de Feixóo, 1-1, Santiago de Compostela, 15704
Como peche do curso académico, os días 29 e 30 de xuño e 1 e 2 de xullo terá lugar na Escola Berenguela a Semana de Corda, un curso dedicado ó alumnado de cordas de diferentes etapas formativas.
Durante esta semana extraordinaria impartiranse clases individuais e tamén clases grupais, para que o alumnado poida desfrutar dunha experiencia de aprendizaxe compartida, combinando coñecemento e práctica cos compañeiros. Ademais, ofreceranse charlas teóricas moi interesantes, unha delas sobre técnicas de estudo e procesos de aprendizaxe instrumental, especialmente dedicada ás familias. Como peche da semana, celebrarase un concerto do alumnado.
O curso será impartido polos profesores Ernesto Díaz (violín) e Vera Mario Diz (violín e viola) e pola profesora Clara Martínez Viseda (violonchelo).
Preme no seguinte enlace pra descargar o díptico coa información do curso.
Preme no seguinte enlace pra realizar a túa solicitude de inscripción ó curso:
Se estás interesado/a no curso e queres máis información, escríbenos ao correo electrónico berenguelamusica@gmail.com. Estaremos encantadas de atendervos. Tamén podes contactar connosco a través do teléfono da escola 981.57.35.80 (en horario de 16:30-20:30 h). Estamos á vosa disposición!