Profesorado

Ayşe Yavuz

Profesora de Iniciación Musical, Linguaxe Musical e Viola

Natural de Adana (Turquía) comeza os seus estudos musicais có violín á idade de 9 anos. Máis tarde,  estuda viola no Conservatorio Estatal da Universidade de Çukurova e continúa a súa formación có violista Şükrü Öner Dinç no Conservatorio Estatal da Universidade de Trakya. Tamén recibe clases maxistrais de Angel Stankov , Jano Lisboa, Beste Tıknaz Modiri, Rivka Golani, Carlo Costalbano e Yuval Gotlibovich.

Durante a súa formación participa na Orquestra de Cámara Trakya e na Doğuş Children’s Symphony Orchestra. Tamén foi membro de la TUGFO (Xove Orquestra Nacional de Turquía), coa que realizou xiras por Turquía e Europa. Ofreceu un concerto en Nova York coa World Peace Orchestra e participou no festival «Xanthi, cidade, Manos Hadjidakis» (Grecia) e máis no Festival Internacional da Academia de Música Clásica Çeşme (Turquía).

No ano 2017 se despráza a España para estudar no Conservatorio Superior de Música «J. Rodrigo» de Valencia có profesor Francesc Gaya e colabora, a súa vez, coa Orquestra de Cámara Eutherpe e a Orquestra Filarmónica da Universidade de Valencia. Posteriormente cursa o posgrado de especialización orquestral ofrecido por a Escola de Altos Estudos Musicais en Santiago de Compostela e participa en distintos programas da tempada da Real Filharmonía de Galicia.

No ámbito pedagóxico conta con ampla experiencia como profesora de violín, viola, iniciación musical e linguaxe musical, traballando con estudantes de todas as idades  niveis.

Compartir en :