Nada en Palma de Mallorca, comeza os seus estudos musicais na cidade de Ferrol para ingresar posteriormente no conservatorio profesional da Coruña. Obtén o titulo superior de piano no antigo conservatorio Superior de Santiago de Compostela.
Participou en numerosos cursos de técnica e interpretación pianística con profesores como Manuel Carra, Cecilio Tieles, Lydia Stratulat, Almudena Cano, Santiago Maior etc. Así como de linguaxe musical con Ana María Navarrete Porta.
A súa formación musical foi enfocada principalmente á pedagoxía pola que sentiu gran inclinación e vocación.
A partir de 2002, asistiu e colaborou en numerosas sesións con diversas audíologas e logopedas do país, e a un curso de técnica e rehabilitación auditiva en nenos con hipoacusias profundas e implantes cocleares coa logopeda arxentina Hilda Furmanski o que lle achegou grandes coñecementos e experiencia para a estimulación musical con este grupo de alumnos
En 1992 forma parte da Asociación Musical Schubertiada como directiva.
No ámbito docente impartiu clases no conservatorio de Aguiño (Ribeira) de 1990 a 1992 compaxinando con diversas substitucións para o conservatorio de Santiago.
Dende 1992 ata 2004 foi profesora de piano e linguaxe musical no colexio Manuel Peleteiro. Posteriormente, continua traballando para diversas ANPAS en actividades infantís de 3 a 6 anos e como profesora substituta na Escola Municipal de Santiago (2008-2009) impartindo música e movemento en nenos, piano e Iniciación á Música para nenos, adolescentes e adultos.
Acaba de deseñar un programa enfocado cara ao estímulo músico-artístico para a terceira idade.
Actualmente é profesora de piano e linguaxe musical na Escola de Música Berenguela.