Profesorado

Eriko Ishimoto

Profesora de Piano e Pianista Acompañante

Nada en Xapón en 1968. Realiza os seus estudios dende 1983 ata 1990 na escola Toho Gakuen de Tokio co profesor H. Hayashi graduándose en marzo de 1990.

No 1991 ingresa na Listz Academy of Music de Budapest para estudiar co profesor G. Nador. En 1995 recibe unha bolsa do goberno húngaro. No 1996 trasládase ao Groninger Conservatory de Holanda onde recibe clases do prof. A. Gold Makarov, diplomándose en 1998.

Participou en varios concursos de piano obtendo diferentes premios entre os que hai que subliñar o 2º premio no concurso de estudiantes da área de Tokio (1985); o Diploma especial no Concurso Internacional V. Bellini en Caltanissetta, Italia (1985); 2º premio no Concurso Internacional Città di Mazara del Vallo, Italia (1996); 1º premio no Concurso F.M. Classics de Amsterdam (1997); Premio Schubert no Concurso Internacional Viotti-Valsesia, en Varallo, Italia (1997) ou o 3º premio no Concurso Internacional A.M.A. Calabria en Lamezia Terme, Italia (1999).

No ano 2000 fixo a súa presentación como solista coa Orquestra Noord Nederlands de Groningen (Holanda). Na actualidade compaxina a docencia coa súa actividade como concertista e pianista acompañante.

© 2023 berenguelamusica.com – Todolos dereitos

Compartir en :