Manuel Lorenzo naceu en Santiago de Compostela en 1997. Comezou os seus estudos na súa cidade natal baixo a tutela de María Jesús Hervás e Thomas Piel. Obtivo tanto o Grado Superior como o Máster de violonchelo no Koninklijk Conservatorium Gent (Bélxica) na clase de Judith Ermert, recibindo en ambos casos o Diploma con Gran Distinción. Posteriormente continuou a súa formación con Gabriel Schwabe no Conservatorio de Maastricht (Países Baixos).
Ó longo da súa traxectoria foi recoñecido con varios premios, entre eles o Primero Premio no concurso de Soncello para Jóvenes Violonchelistas, o Primeiro Premio no Concurso “Cidade de Vigo” na categoría B, así como no I Concurso “Xan Viaño”.
A súa experiencia en orquestras xoves é amplia, sendo integrante da Joven Orquesta Nacional de España (JONDE), a Joven Orquesta Nacional dos Países Baixos (NJON) e a Orquesta Joven da Sinfónica de Galicia (OJSG), o que lle permitiu consolidar a súa carreira no ámbito orquestal.
Membro activo do ensemble Música Práctica dende 2024, participando en concertos dentro da Quincena Donostiarra e no ciclo Ópticas Contemporáneas na Cidade da Cultura.
Dende enero de 2023, é membro da Real Filharmonía de Galicia, con sede en Santiago de Compostela.