Profesorado

Marta Fernández Mateos

Profesora de Piano e Linguaxe Musical

Natural de Santiago de Compostela, comezou os seus estudos musicais en 2001 na Escola de Música Berenguela con Rosana Digón, Eriko Ishimoto e Guadi Galego. Accede ó grado profesional no Conservatorio Profesional de Música de Santiago coa calificación máis alta da súa convocatoria e imparte clases coa profesora Yolanda Delgado.

Titulouse do Grado Superior no Conservatorio Superior de Castilla y León baixo a tutela de José Felipe Díaz-Estrada e de Sara Olleros Rodríguez e cursou o seu terceiro ano no Conservatorio di Musica di Venezia baixo a tutela de Igor Cognolato. Tras licenciarse en 2020, continúa a súa formación co profesor Alexander Gold Makarov en Santiago para cursar un ano máis tarde un Máster de Interpretación no Koninklijk Conservatorium Den Haag (Conservatorio Real de A Haia) baixo a tutela de Ellen Corver.

Foi integrante do Gabors Quartet e tamén do quinteto de piano e cordas Profugo Ensemble, agrupación invitada pola Lithuanian Academy of Music and Theatre ó encontró de verán da European of Chamber Music Academy (ECMA) e Musethica na cidade de Vilnius (Lituania).

Ó longo da sua carreira, participou en diferentes cursos e masterclasses a cargo de profesores como Iván Cítera, Alexander Kandelaki, Deniz Gelenve, Brenno Ambrosini, Rita Wagner, Aleksei Lubimov, Kennedi Moretti, András Kemenes ou Vera Martínez e Abel Tomàs do Cuarteto Casals entre outros.


No seu percorrido musical participou en diferentes concertos en solitario e en distintas agrupacións. Conta cunha ampla experiencia como profesora de piano e de linguaxe musical para diferentes idades e actualmente alterna a súa labor docente coa interpretación pianística á vez que se adentra no descubrimento do acordeón e no estudo da música e instrumentos tradicionais.

Compartir en :