Profesorado

Miguel Vicente García

Profesor de frauta traveseira.

Natural de Santiago de Compostela, gaduouse en frauta traveseira (2008) e teoría da música (2010) no Koninklijk Conservatorium de A Haia (Holanda) , completando os seus estudios cun master en teoría da música (2012).

Acudiu a cursos e master clases de frauta e análise musical cos profesores Antonio Arias, Magdalena Martínez, Julia Gallego, Janos Balint, Robert Winn, Laurent Blaiteau, Yvan Nommick e Stephane Etcharry.

Foi profesor de frauta do Conservatorio Profesional de Ponteareas (2013). Colaborou con diversas bandas de música populares e foi membro da Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia (2003-2006), participando en ocasionais proxectos conxuntos coa Orquestra Sinfónica de Galicia. Tamén formou parte da Banda Filharmónica de Galicia, Banda Sinfónica Minho-Galaica, Orquesta Sinfónica do Koninklijk Conservatorium da Haia, e da Orquestra de Frautas de Holanda.

Na actualidade colabora coa Orquestra Gaos e é autor do blog de divulgación musical “Lo que las notas esconden”.

Compartir en :