Ramón Vázquez é Licenciado en Canto-Música Antiga pola Escola Superior de Música e das Artes do Espectáculo, ESMAE, do Porto (Portugal) nos anos 2006-2010, onde despois estudou tamén un Mestrado en Interpretación Artística. Especialmente formado en Técnica e Pedagoxía, desde Decembro 2007 ata a actualidade recibe clases con Peter T.Harrison, un dos maiores expertos profesores de Voz de todo o mundo, recoñecido así polo 3° e último Congreso Mundial de Voz en Nova Zelanda en 1994 e pola Revista Forbes nos anos 90.
Como solista lírico, (primeiro contratenor e despois barítono lírico) fixo concertos de música clásica, barroca, renacentista e medieval, romanzas de zarzuela, tangos, bolero-ranchero, por toda a xeografía española e tamén en Portugal e Francia, gañando o Premio do Público do Festival Don Quijote de Artes Escénicas Hispánicas xunto a Compañía Matarile Teatro en París no ano 2008, coa que gravou programas para Miradas2 e La Mandrágora de La2. Participou en Festivais como o Via Stellae, Festival Medieval de Carrazeda de Asiães, Festival de Música Antiga de Loulé e Compostela Organum Festival.
É Profesor de Canto e Técnica Vocal desde o ano 1998 e imparte clases a alumn@s e titulados dos Conservatorios Profesionais e Superiores de A Coruña, Santiago, Vigo, Pontevedra, Ourense, Coímbra, Valga e Liceo de Barcelona. Formou a gañadores e participantes de concursos de Canto da TVG (Recantos), Premios Martim Codax, Canta con Ames, La Voz, Operación Triunfo, Concursos de Pop-Rock en Madrid,… e a cantantes líricas e de musicais (como Ana San Martín) e de grupos (como Madalena Gamalho) pop, jazz, blues, heavy, rock, tangos, boleros, bossanova, fados, tradicional…
A Técnica que ensina baséase nun enorme coñecemento corpo-mente-emocións, e nos principios fisiolóxicos naturais da voz cos que tod@s nacemos. Trátase de desfacer as tensións innecesarias e mal aprendidas, para recuperar a coordinación emocións-aire-voz-corpo que permita que a voz flúa dun xeito natural, elástico e espontáneo. Sempre sen forzar nin empurrar. Ramón procura sempre unha implicación máxima coa aprendizaxe e crecemento de cada alumn@, dando o mellor de sí mesmo en cada clase, como se fose un familiar cercano a quen coidar, respetar, servir e axudar. É o xeito que ten de agradecer o inmenso privilexio de ter aprendido tantísimo da xenerosidade e sabedoría do seu mestre, Peter.